Chromatics | |
---|---|
Orixe | Portland, Oregón, |
Período | 2001 - 2021 |
Xénero(s) | synthpop, post-punk revival, italo disco |
Selo(s) discográfico(s) | Gold Standard Laboratories, Italians Do It Better |
Membros | Ruth Radelet Adam Miller Nat Walker Johnny Jewel |
Antigos membros | Hannah Blilie Devin Welch Michelle Nolan Maximillion Ronald Avila Nat Sahlstrom Nate Preston Aleesha Whitley Chelsea Mosher |
Artistas relacionados | Glass Candy, Desire, Symmetry |
Na rede | |
Chromatics foi unha banda estadounidense de música electrónica formada en Portland, Oregón no ano 2001. O grupo está composto por Ruth Radelet (voces/sintetizadores), Adam Miller (guitarra/vocoder), Nat Walker (batería/sintetizadores) e Johnny Jewel (produtor, multi-instrumentista). Orixinalmente a banda tiña un característico son inspirado no punk e no lo-fi que foi descrito como "ruidoso" e "caótico".[1] Tras numerosos cambios na súa formación, que deixaron ao guitarrista Adam Miller como único membro orixinal, o grupo comezou a editar material a través do selo Italians Do It Better en 2007, cambiando o seu estilo cara a un son influenciado polo italo disco.[2]
O seu terceiro álbum, Night Drive (2007), foi ben acollido pola crítica, así como o cuarto, Kill for Love, publicado o 26 de marzo de 2012. Varias cancións da banda apareceron en series de televisión como Bates Motel, Gossip Girl, Mr. Robot, Parenthood, Revenge, Riverdale, 13 Reasons Why e Twin Peaks, e o seu tema "Tick of the Clock" apareceu nos filmes Drive (2011)[3] e Taken 2 (2012).[4] O seu último álbum ata a data, Closer to Grey, foi publicado o 2 de outubro do 2019.