Arapaima

Arapaima
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Orde: Osteoglossiformes
Familia: Arapaimidae
Xénero: Arapaima
J. P. Müller, 1843
Especie tipo
'Sudis gigas'
Schinz, 1822
Especies

ver texto

Sinonimia
  • Sudis G. Cuvier, 1816 (preoccupied)
  • Vastres Valenciennes, 1847

O Arapaima é un xénero de peixes de río suramericanos das cuncas do río Amazonas e o Essequibo que na súa área de distribución recibe o nome de arapaima, pirarucú e paiche. Son peixes de gran tamaño de lingua ósea (Osteoglossiformes). O xénero Arapaima é o xénero tipo da familia Arapaimidae.[1][2] Son uns dos peixes de augas doces de maior tamaño do mundo, xa que poden chegar aos 3 m ou máis de lonxitude, aínda que normalmente son menores.[1] Son un importante alimento para as poboacións do Amazonas, ata o punto que a súa sobrepesca (xunto coa perda de hábitats) fixo descender o seu número na súa área nativa. Porén, o arapaima foi introducido en varias rexións tropicais fóra da súa área natural, tanto de Suramérica coma doutras partes, onde ás veces chegou a converterse nunha especie invasora.[3]

Arapaima era tradicionalmente considerado un xénero monotípico coa única especie A. gigas, pero posteriormente distinguíronse dentro del varias especies (algunhas nomeadas de antigo e despois redescritas).[2][4][5] Como consecuencia desta confusión taxonómica, os estudos iniciais sobre o animal fixéronse dándolle o nome de A. gigas como se todos eles fosen iguais, pero esta especie concreta (tal como se define agora) só se coñece por vellos espécimes de museo e a súa área nativa exacta non está moi clara. A especie que normalmente se ve e estuda é A. arapaima,[4][5][6] aínda que tamén se rexistra un pequeno número de A. leptosoma no comercio de especies de acuario.[7] As restantes especies son practicamente descoñecidas hoxe: A. agassizii coñécese por debuxos detallados que se fixeron dela (o espécime tipo que se conservaba perdeuse durante os bombardeos da Segunda Guerra Mundial) e A. mapae coñécese polo seu espécime tipo.[2][4][5] A especie A. arapaima é relativamente repoluda comparada co resto das especies.[4][5]

  1. 1,0 1,1 Erro no código da cita: Etiqueta <ref> non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome FishBase
  2. 2,0 2,1 2,2 Castello, L.; and Stewart, D.J (2008). Assessing CITES non-detriment findings procedures for Arapaima in Brazil. NDF Workshop case studies (México 2008), WG 8 – Fishes, Case study 1
  3. Miranda-Chumacero, G.; Wallace, R.; Calderón, H.; Calderón, G.; Willink, P.; Guerrero, M.; Siles, T.M.; Lara, K.; and Chuqui, D. (2012). Distribution of arapaima (Arapaima gigas) (Pisces: Arapaimatidae) in Bolivia: implications in the control and management of a non-native population. BioInvasions Records 1(2): 129–138
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Stewart, D.J. (2013). A New Species of Arapaima (Osteoglossomorpha: Osteoglossidae) from the Solimões River, Amazonas State, Brazil. Copeia, 2013 (3): 470-476.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Stewart, D. J. (2013). Re-description of Arapaima agassizii (Valenciennes), a rare fish from Brazil (Osteoglossomorpha, Osteoglossidae). Copeia, 2013: 38-51
  6. Dawes, J: Arapaima Re-classification and the Trade. Arquivado 22 de decembro de 2014 en Wayback Machine. Acceso 24 de maio de 2014
  7. Howard, B.C. (13 de outubro de 2013). New Species of Giant Air-Breathing Fish: Freshwater Species of the Week. Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. National Geographic. Consultado o 24 de maio de 2014

Arapaima

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne