O acenocumarol é un anticoagulante, similar á warfarina, cuxo mecanismo de acción é ser un antagonista da vitamina K. É un derivado da cumarina comercializado co nome de Sintrom® ou Sinthrome®.
Presenta unha vida media breve (de 10 a 24 horas). A súa dose de sostén é de 1 a 8 mg/día.