Ziulila foi unha cidade do Imperio Hitita, situada ao leste de Hattusa e próxima á cidade de Samuha. Aparece citada nun documento en hitita que fala dunha expedición de Mursilis II: 2.BoTU.48 = VAT.6165 = KBo.III.4, reverso, columna 46[1].
Segundo Forlanini [2] estaría situada en Bitik, preto de Ancara.