Museo

Fachada do Museo Nacional de Antropoloxía da Cidade de México
Museo Nacional de Antropoloxía (Cidade de México)

Un museo (do latín musēum e este á súa vez do grego μουσεον = museión 'museo', lugar das musas) é unha institución pública ou privada, permanente, sen fins de lucro, ao servizo da sociedade e o seu desenvolvemento, e aberta ao público, que adquire, conserva, investiga, comunica e exhibe, con propósitos de estudo, educación ou deleite coleccións de arte, científicas etc., sempre cun valor cultural, segundo o International Council of Museums (ICOM). Este tipo de coleccións, case sempre valiosas, existiu desde a Antigüidade. Nos templos gardábanse obxectos de culto ou ofrendas que de cando en vez se exhibían ao público para que puidese contemplalos e admiralos. O mesmo ocorría cos obxectos valiosos e obras de arte que coleccionaban algunhas persoas da aristocracia en Grecia e en Roma; tíñanos expostos nas súas casas, nos seus xardíns e ensinábanos con grande orgullo aos amigos e visitantes.

En 1977, a ONU declarou o 18 de maio como Día Internacional dos Museos (celébrase nesa data ou ó redor desa data) [1].

  1. "International Council of Museums. Día Internacional de los Museos" (en castelán). Consultado o 2022-11-23. 

Museo

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne