Lisipo

Modelo:BiografíaLisipo

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Λύσιππος Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 390 a. C. Editar o valor en Wikidata
Sición, Grecia Editar o valor en Wikidata
Mortec. 300 a. C. Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Actividade
Ocupaciónescultor, broncista, arquitecto Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRetrato Editar o valor en Wikidata
AlumnosCarés de Lindos (pt) Traducir e Eutiquides (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosEutícrates, Daippos, Bedes Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Small Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary (en) Traducir
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX953411

Lisipo (en grego antigo: Λύσιππος) foi un escultor e arquitecto grego do século IV a.C., nado en Sición, Peloponeso, cara ao 390 a. C. e finado polo 318 a. C. Xunto con Escopas e Praxíteles, foi considerado un dos tres escultores máis grandes da etapa do clasicismo tardío da escultura grega, que serviu de transición ao período helenístico.

O estudo de Lisipo enfróntase ao problema da dificultade de identificación do seu estilo a partir das copias existentes pois, non só tiña un gran taller con moitos discípulos no seu círculo máis próximo[1] senón que tamén houbo unha forte demanda de copias e reproducións dos seus traballos, mesmo cando el vivía, fornecida dende fóra do seu círculo, e que se incrementou durante a época helenística e, despois, durante a época romana.[2] A Xuventude Vitoriosa, tamén chamada o bronce Getty, descuberta contra 1972, sería un deses casos.

  1. Plinio na súa Historia Natural (XXXIV, 61-67) afirmou que seu fillo Eutiktates traballaba co seu estilo e, que na seguinte xeración, Tisicrates, creou esculturas que a penas se diferenciaban das de Lisipo.
  2. O redescuberto Agias dedicado por Daocos en Delfos, era unha copia contemporánea en mármore dun bronce, cuxa fonte orixinal estaba en Farsalia, en Tesalia.

Lisipo

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne