Yoruba èdè Yorùbá | ||
---|---|---|
Falado en: | Nixeria, Benín | |
Total de falantes: | 28 000 000 (2007)[1] | |
Familia: | Atlántico-congolés Volta-níxer YEAI Yoruboide Ederiki Yoruba | |
Escrita: | Latino, braille yoruba | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Nixeria | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | yo
| |
ISO 639-2: | yor | |
ISO 639-3: | yor
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua yoruba[3] (èdè Yorùbá) é unha lingua falada en África Occidental, principalmente en Nixeria. O número de falantes de yoruba estimábase en arredor de 20 millóns na década de 1990.[4] É a lingua nativa do pobo yoruba, que viven en Nixeria e Benín, con comunidades en Europa, América e outras partes de África. Unha variedade da lingua, o lucumi, é a lingua litúrxica da relixión da Santería, no Caribe. O yoruba está moi relacionado coa lingua itsekiri (falada no delta do río Níxer) e co igala (falada en Nixeria central).