Sardo Sardu | ||
---|---|---|
Pronuncia: | ˈsaɾdu | |
Falado en: | Italia | |
Rexións: | Sardeña | |
Total de falantes: | ~1 000 000 (1999–2007) | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Románica occidental Románica meridional Sardo | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Sardeña [1][2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | sc
| |
ISO 639-2: | srd | |
ISO 639-3: | sro
| |
Mapa | ||
Status | ||
O sardo[4] (sardu en lingua sarda) é unha lingua neolatina propia da Sardeña falada polo pobo sardo. Ata moi recentemente non contou cunha norma común ás diferentes variedades da lingua. Desde 1997 é lingua oficial, xunto coa lingua italiana, da Rexión Autónoma da Sardeña, o que impulsou a elaboración dunha proposta de normativa común denominada Lingua Sarda Unificada (2001). Na LSU baséase a Lingua Sarda Común que se emprega nos documentos oficiais da Rexión Autónoma. Considérase a máis conservadora das linguas derivadas do latín.