Norfolk | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Norfuk, Norf'k | |
Falado en: | Australia | |
Rexións: | Illa Norfolk | |
Total de falantes: | 400 (2008) | |
Familia: | Inglés crioulo Pacífico Pitcairnés Norfolk | |
Escrita: | Latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Illa Norfolk | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua norfolk (tamén chamada norfuk ou norf'k)[2] é unha lingua crioula falada na Illa Norfolk (no Oceáno Pacífico) polos seus residentes locais. É unha mestura do inglés do século XVIII e o tahitiano, orixinalmente introducido por falantes de pitcairnés das Illas Pitcairn. Xunto co inglés, é a lingua oficial da Illa Norfolk.[3][4]
Dende que as viaxes que conectan a illa Norfolk se foron facendo máis comúns, o norfolk está caendo en desuso.[5] Os esforzos por restaurar o uso da lingua céntranse na educación dos nenos, na publicación de dicionarios inglés-norfolk, o emprego da lingua na administración e en renomear algunhas das súas atraccións turísticas – destacando o paseo da selva "A Trip Ina Stik". No ano 2007, as Nacións Unidas engadiron ó norfolk na súa lista de linguas en perigo.[6]