Bretón Brezhoneg | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [bʀe.ˈzõː.nɛk] | |
Falado en: | Francia | |
Rexións: | Bretaña | |
Total de falantes: | 210.000 na Bretaña (2018)[1] | |
Posición: | Non está entre as 100 primeiras | |
Familia: | Indoeuropeo Céltico Céltico insular Britónico Bretón | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Non é oficial | |
Regulado por: | sen regulación oficial (véxase Ofis Publik ar Brezhoneg) | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | br
| |
ISO 639-2: | bre (B) | bre (T) |
ISO 639-3: | bre
| |
SIL: | BRE
| |
Mapa | ||
Status | ||
O bretón[3] (brezhoneg) é unha lingua céltica insular de tipo britónico, estreitamente emparentada co córnico. Fálase sobre todo nos territorios occidentais da Bretaña, aínda que se está a recuperar noutras partes do territorio da rexión, mesmo naquelas zonas onde tradicionalmente non se falou ou non se ten falado dende hai varios séculos.
A lingua bretoa tamén tivo unha certa repercusión en Galicia,[4] influíndo sobre a lingua galega e propiciando a aparición dun dialecto mindoniense[5] nos seus asentamentos, que perduraron ata o século XV no norte da actual provincia de Lugo (na comarca de Mondoñedo) e mais nalgunhas outras zonas costeiras de Galicia. Estes asentamentos de colonias bretoas foron derivados da fuxida das Illas Británicas durante a invasión anglosaxoa[6] cara a terras do noroeste ibérico. Así as cousas, non se conserva texto ningún redactado nunha posíbel ramificación galaica do bretón.
: Gaelic or Goidelic derived from the Gallaic language spoken by the Gallaeci tribes in Gallaecia