Iugoslavia

Modelo:Xeografía políticaIugoslavia

HimnoHej, Sloveni Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°49′14″N 20°27′44″L / 44.820555555556, 20.462222222222
CapitalBelgrado Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación23.271.000 (1991) Editar o valor en Wikidata (90,97 hab./km²)
Lingua oficialLingua serbocroata Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie255.804 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado pormar Adriático Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Triglav (2.864 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1 de decembro de 1918 Editar o valor en Wikidata
Disolución27 de abril de 1992 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porestados post-Iugoslavia Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía (1918–1945)
república (1945–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interpol
ONU (1945–1992) Editar o valor en Wikidata
Moedadinar iugoslavo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.yu Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+38 Editar o valor en Wikidata
Código de paísYU Editar o valor en Wikidata

BNE: XX4936572

Iugoslavia (/iuɣosˈlaβja/; lit. "Terra dos eslavos do sur"; en serbocorata: Jugoslavija ou Југославија [juɡǒslaːʋija]; en esloveno: Jugoslavija [juɡɔˈslàːʋija]; en macedonio: Југославија [juɡɔˈsɫavija][1]) foi un estado situado na península dos Balcáns, ao sueste de Europa. Fundouse en 1918, após a primeira guerra mundial,[2] a partir do Reino de Serbia e do Estado dos Eslovenos, Croatas e Serbios, baixo o nome de Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos. O país existiu até a súa disolución en 1992, e constituíu a primeira unión de pobos eslavos meridionais nun estado soberano, despois de séculos de dominio estranxeiro na rexión baixo o Imperio Otomán e o Imperio Austrohúngaro. Obtivo recoñecemento internacional o 13 de xullo de 1922, na Conferencia dos Embaixadores, en París.[3] O 3 de outubro de 1929, trocou o nome a Reino de Iugoslavia.

O 6 de abril de 1941, o reino é invadido e ocupado polas potencias do Eixe. En 1943, proclamase a República Democrática Federal de Iugoslavia pola resistencia partisana e, o rei Pedro II, que por ese entón moraba no exilio, recoñécea coma goberno lexítimo. Após o triunfo dos partisanos, na liberación de Iugoslavia en 1945, o novo goberno comunista abole a monarquía, e o país é renomeado coma República Federal Popular de Iugoslavia. Engádense entón ao seu territorio as rexións de Istria, Rijeka e Zadar, previamente ocupadas por Italia no período de entreguerras. O líder partisano, Josip Broz Tito, gobernou o país dende 1944 coma primeiro ministro e, máis tarde, coma presidente, até o seu finamento en 1980. En 1963, o estado é renomeado por derradeira volta coma República Federal Socialista de Iugoslavia.

As seis repúblicas constituíntes que formaban a República Federal Socialista de Iugoslavia foron as repúblicas socialistas de Bosnia e Hercegovina, Croacia, Eslovenia, Macedonia, Montenegro e Serbia. Esta última posuía dúas provincias autónomas socialistas, Kosovo e Voivodina, que despois de 1974 estiveron case ao par cos outros membros da federación.[4] Após unha gran crise económica e política na década dos '80, e do xurdimento do nacionalismo e conflitos étnicos, Iugoslavia desintegrase ao longo das fronteiras das súas repúblicas, primeiro en cinco países, o que conduce ás guerras iugoslavas. Dende 1993 até 2017, o Tribunal Penal Internacional para a antiga Iugoslavia xulgou a líderes políticos e militares de Iugoslavia por crimes de guerra, xenocidio e outros crimes perpetrados durante ditas guerras.

Trala disolución, as repúblicas de Montenegro e Serbia forman un estado federativo reducido, a chamada República Federal de Iugoslavia, coñecida posteriormente coma Serbia e Montenegro. Este estado aspiraba ao estatuto de único sucesor legal da RFSI, mais ditas afirmacións foron opostas polas antigas repúblicas. Finalmente, aceptou a posición do Comité de Arbitraxe Badinter sobre a sucesión compartida,[5] e no 2003 o seu nome trocase a Serbia e Montenegro. Este estado disolvese cando Montenegro e Serbia se converten en estados independentes no 2006, con Kosovo tendo aínda unha disputa en curso sobre a súa declaración de independencia de 2008.

  1. En albanés: Jugosllavia; en arromano: Iugoslavia; en húngaro: Jugoszlávia; en rutena panónico: Югославия, romanizado: Juhoslavija; en eslovaco: Juhoslávia; en romanés: Iugoslavia; en checo: Jugoslávie; en italiano: Iugoslavia; en turco: Yugoslavya; en búlgaro: Югославия, romaizado: Yugoslaviya.
  2. Tucker, Spencer. Encyclopedia of World War I: A Political, Social, and Military History. 
  3. "orderofdanilo.org" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2009. Consultado o 03 de maio de 2024. 
  4. Huntington, Samuel P. (1996). Choque de civilizacións. ISBN 978-0-684-84441-1. 
  5. "FR Yugoslavia Investment Profile 2001" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de setembro de 2011. Consultado o 09 de xullo de 2024. 

Iugoslavia

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne