Emblema de Sri Lanka

Emblema de Sri Lanka
Detalles
ArmigerSri Lanka
Adoptado1972
CristaUn dharmacakra en azur
AlicerceSímbolos da Lúa e do Sol

O emblema de Sri Lanka é un dos símbolos oficiais do país, e foi adoptado oficialmente en 1972. Na parte central deste escudo figura un león amarelo ou dourado que porta unha espada e que está no interior dun círculo de cor vermella cun bordo composto por pétalos dourados da flor de loto. Os pétalos de loto están rodeados por unha coroa de espigas de arroz que medran nun recipiente da parte inferior do escudo. A carón deste recipiente aparecen a Lúa e o Sol, que son símbolos de lonxevidade.

Na parte superior do escudo figura o dharmachakra, o "torno do Destino" que é un símbolo budista. O león armado coa espada tamén aparece representado na bandeira nacional, e é un símbolo adoptado do estandarte que tivo o desaparecido Reino de Kandy.


Emblema de Sri Lanka

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne