Bratislava

Modelo:Xeografía políticaBratislava
Bratislava (sk)
Pozsony (hu)
Pressburg (de)
Prešporok (sk)
Bratislava (cs) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Mapa
 48°08′41″N 17°06′46″L / 48.1447, 17.1128
EstadoEslovaquia
Regiões da Eslováquia (pt) TraducirBratislava (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación475.503 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.293,53 hab./km²)
Xeografía
Superficie367,6 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Danubio Editar o valor en Wikidata
Altitude152 m Editar o valor en Wikidata
Creación907 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoMatúš Vallo (pt) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal8XX XX Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico2 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Kíiv (1969–) Editar o valor en Wikidata

Páxina webbratislava.sk Editar o valor en Wikidata

Bratislava[1][2] (ata 1919: Prešporok en eslovaco, Pressburg en alemán, Pozsony en húngaro, Požun en croata) é a capital e maior cidade de Eslovaquia. Ten 432.864 habitantes (2018) e queda á beira do Danubio, preto das fronteiras con Austria e Hungría. Áchase a uns 60 km de Viena, o que converte a estas cidades nas capitais de país máis próximas do mundo.

A cidade ten a maior densidade de poboación de Europa central. Os montes Cárpatos comezan no territorio ocupado pola cidade (Malé Karpaty, "Pequenos Cárpatos"). Bratislava é a sede do parlamento e goberno eslovacos e conta cunha grande oferta artística, cultural e educativa. Nos últimos anos está sufrindo unha gran transformación, tanto a un nivel de recuperación de edificios emblemáticos, como é a mellora das deterioradas infraestruturas herdadas do antigo réxime comunista. A zona máis interesante dende o punto de vista monumental e artístico é a cidade vella, colorista e acolledora, onde se pode gozar dunha gran variedade de comercios e servizos, aínda que os prezos son sensiblemente superiores a outras zonas da cidade, e por suposto duplican ou triplican os do interior do país. Mención especial merece tamén o porto fluvial, onde se poden ver barcos mercantes e unha grande actividade.

O Castelo de Bratislava foi erixido no século XV durante o reino de Sexismundo de Luxemburgo. En 1811, un incendio destruíu o castelo, así como gran parte do casarío contiguo, logo do cal se realizou unha reconstrución gradual. Actualmente, o castelo alberga o Museo Nacional Eslovaco, que abrangue exhibicións arqueolóxicas, históricas e artísticas.

Tradicionalmente, a cidade foi influída por varias nacións e como é común en antigas cidades do Imperio Austrohúngaro, tivo o nome Pozsony (Presburgo ) ata a fin da primeira guerra mundial. (Pressburg en alemán e Prešporok en eslovaco son aínda nomes oficiais recoñecidos)

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  2. Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524. 

Bratislava

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne