Ankuwa

Ankuwa foi unha cidade ao nordeste de Hattusa, preto do país dos kaskas e nunha zona poboada por estes, onde Mursilis pasou o inverno despois da súa segunda campaña (terceiro ano de reinado) na que loitou contra os kaskas de Ishupitta, dirixidos por Pazzanna e Nunnuta, aos que derrotou nesta cidade, e en Palhwisa (Palhwišša) e finalmente capturou en Kammamma.

O lugar actual ao que corresponde a vella Ankuwa xera certa polémica. Para R. L. Gorny estaría na actual Alışar Höyük, M. Popko propón Eskiyapar, 10 km ao suroeste de Alaca Höyük.


Ankuwa

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne