Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Xamaica

Modelo:Xeografía políticaXamaica
Jamaica (en)
Xaymaca (tnq)
Yamaye (tnq)
Jumieka (jam) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoJamaica, Land We Love Editar o valor en Wikidata

Lema«Out of Many, One People»
«От множеството - един народ»
«Allan o lawer, un bobl» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 18°11′N 77°24′O / 18.18, -77.4
CapitalKingston Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.697.983 (2011) Editar o valor en Wikidata (245,45 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
Patois xamaicano Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie10.991,90954 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Caribe Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPico Blue Mountain (pt) Traducir (2.256 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1962 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno de Xamaica Editar o valor en Wikidata
• Primeiro-ministro da Jamaica (pt) Traducir Editar o valor en WikidataAndrew Holness Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Xamaica , (Escano: 84) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal14.657.586.359 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar xamaicano Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.jm Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+1876 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia110, 112, 911 e 119 Editar o valor en Wikidata
Código de paísJM Editar o valor en Wikidata

Páxina webgov.jm Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451826

Xamaica[1] (Escoitari/əˈmkə/; en inglés e oficialmente Jamaica) é un país insular situado no mar Caribe. Cunha extensión de 10 990 km², 240 km de longo e un máximo de 80 km de ancho, é a terceira illa máis grande das Grandes Antillas e do Caribe (despois de Cuba e Hispaniola).[2] Xamaica atópase a 630 km do continente centroamericano, a uns 145 km. ao sur de Cuba e a 191 km ao oeste daHispaniola (a illa que contén os países,de Haití e da República Dominicana); o Territorio Británico de Ultramar das Illas Caimán atópase uns 215 km. ao noroeste.[2]

Orixinalmente habitada polos pobos indíxenas Taínos, a illa pasou baixo o dominio español tras a chegada de Cristovo Colón en 1494. Moitos dos indíxenas morreron na conquista ou morreron de enfermidades, despois os españois levaron un gran número de escravos africanos a Xamaica como traballadores.[2] Chamada Santiago polos españois, a illa permaneceu en posesión de España ata 1655, cando Inglaterra (máis tarde Gran Bretaña) conquistouno, renomeándoa como Xamaica. Baixo o Dominio colonial británico Xamaica converteuse nun gran exportador de azucre, cunha economía de plantacións dependente dos escravos africanos e máis tarde dos seus descendentes. Os británicos emanciparon por completo a todos os escravos en 1838, e moitos libertos optaron por ter granxas de subsistencia no canto de traballar nas plantacións. A partir da década de 1840, os británicos comezaron a utilizar man de obra chinesa e india contratada para traballar nas plantacións. A illa alcanzou a súa independencia do Reino Unido o 6 de agosto de 1962.[2]

Con 2,8 millóns de habitantes Xamaica é o terceiro país anglófono máis poboado das Américas (despois dos Estados Unidos e o Canadá), e o cuarto país máis poboado do Caribe. Kingston é a capital e cidade máis grande do país. A maioría dos xamaicanos son de ascendencia África subsahariana, con importantes minorías de europeos, asiáticos orientais (principalmente chineses), indios, libaneses e minorías de raza mestiza.[2] Debido a unha alta taxa de emigración por motivos de traballo desde a década de 1960 , hai unha gran diáspora xamaicana, particularmente en Canadá, o Reino Unido e os Estados Unidos. O país ten unha influencia global que desmente o seu pequeno tamaño, foi o lugar de nacemento da relixión Rastafari, a música reggae (e xéneros asociados como dub, ska e dancehall), e é internacionalmente destacada nos deportes, sobre todo crícket, sprinters e atletismo.[3][4][5] Xamaica considérase a miúdo a superpotencia cultural menos poboada do mundo.[6][7]

Xamaica é un país de ingresos medios-altos[5] cunha economía moi dependente do turismo, ten unha media de 4,3 millóns de turistas ao ano.[8] Xamaica ten un rendemento favorable en medicións da liberdade de prensa e de gobernanza democrática. Ocupou o primeiro lugar do Caribe no Informe sobre a felicidade no mundo de 2021.[9] Non obstante, está peor para os dereitos civís das persoas LGBT, ocupando o último lugar no hemisferio occidental.[10] Politicamente é un reino da Commonwealth, con Carlos III do Reino Unido como Rei de Xamaica.[2] O seu representante designado activo no país é o Gobernador Xeral de Xamaica, cargo que ocupa Patrick Allen desde 2009. Andrew Holness exerceu como Primeiro Ministro de Xamaica desde marzo de 2016. Xamaica é unha monarquía constitucional parlamentaria con poder lexislativo conferido ao Parlamento de Xamaica bicameral, formado por un Senado designado e unha Cámara de Representantes elixida directamente.[2]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para xamaicano.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 "CIA World Factbook – Jamaica". Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2021. Consultado o 29 de xullo de 2019. 
  3. "Athletics in Jamaica". My island Jamaica. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2010. Consultado o 11 de outubro de 2010. 
  4. "Reggae." Encyclopedia of Popular Music, 4th ed. Ed. Colin Larkin. Oxford Music Online. Oxford University Press. Web. 16 de febreiro de 2016.
  5. 5,0 5,1 {{cite web |url=https://www.worldbank.org/en/country/jamaica/overview |title=Jamaica (country) |publisher=World Bank |access-date=21 de febreiro de 2019 |archive-url=https://web.archive.org/web/20190222041845/https://www.worldbank.org/en/country/jamaica/overview |archive-date=22 de febreiro de 2019
  6. "How Jamaica conquered the world". The Guardian (en inglés). 2012-08-04. Consultado o 2022-04-12. 
  7. Smith, Noah (2021-10-27). "What makes a cultural superpower?". Noahpinion. Consultado o 2022-04-12. 
  8. "Record 4.3 Million Tourist Arrivals in 2017". Jamaica Information Service (Government of Jamaica). Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2019. Consultado o 21 de febreiro de 2019. 
  9. ohtadmin (22 de agosto de 2022). "Jamaica, the happiest nation in the Caribbean for 2021 | New York Carib News". www.nycaribnews.com. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2021. Consultado o 15 de setembro de 2021. 
  10. "Ja improves in gay travel ranking - But still worst in the Americas". The Gleaner. 8 de marzo de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2022. 

Previous Page Next Page






Иамаика AB Jamaika ACE Jamaika AF Jamaika ALS ጃማይካ AM Jamaica AMI Chamaica AN Iamaica ANG जमैका ANP جامايكا Arabic

Responsive image

Responsive image