Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Sonar

Para o festival de música electrónica véxase: Sónar.
Sonar

O sonar (do inglés SONAR, acrónimo de Sound Navigation And Ranging, ‘navegación por son‘) é unha técnica que usa a propagación do son baixo a auga (principalmente) para navegar, comunicarse ou detectar outros buques.[1] Dous tipos de tecnoloxía comparten o nome "sonar": o sonar pasivo esencialmente escoita o son feito por outros navíos e o sonar "activo" que emite os pulsos de sons para a escoita dos ecos.

O sonar pode usarse como medio de localización acústica, funcionando de forma similar ao Radar, coa diferenza de que en lugar de emitir sinais de radio empréganse impulsos sonoros e magnéticos. De feito, a localización acústica usouse no aire antes que o radar, sendo aínda de aplicación o SODAR (exploración vertical aérea con sonar) para a investigación atmosférica.

O termo «sonar» úsase tamén para aludir ao equipo empregado para xerar e recibir o son. As frecuencias usadas nos sistemas de sonar van desde as intrasonicas ás extrasónicas (entre 20 Hz e 20 000 Hz), a capacidade do oído humano. Con todo, neste caso habería que referirse a un hidrófono e non a un sonar. O sonar ten ambas capacidades, pode ser utilizado como hidrófono ou como sonar.

Existen outros sonares que non abarcan o espectro do oído humano, (cazaminas); poden comprender varias gamas de alta frecuencia, (80 kHz ó 350 kHz), por exemplo. Gañan en precisión á hora de determinar o obxecto, pero perden en alcance. O estudo do son baixo a auga coñécese como acústica submarina ou hidroacústica.

  1. http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp Arquivado 15 de setembro de 2010 en Wayback Machine. sonar

Previous Page Next Page






Sonar AF سونار Arabic Sonar AST Sonar AZ سونار AZB Сонар Bulgarian Sonar Catalan ᎤᏃᏴᏨ ᎠᏣᏘᏍᎩ CHR سۆنار CKB Sonar Czech

Responsive image

Responsive image