Republic of Singapore (en) Republik Singapura (ms) 新加坡共和国 (zh) சிங்கப்பூர் குடியரசு (ta) | |||||
Himno | Majulah Singapura (1965) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Majulah Singapura» «Onward, Singapore» | ||||
Símbolo oficial | Vanda teres × Vanda hookeriana (pt) | ||||
Alcume | Lion City e 狮城 | ||||
Epónimo | Sinha (en) | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital de | Colonias do Estreito (1826–1946) | ||||
Capital | Singapur | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.866.139 (2021) (8.157,61 hab./km²) | ||||
Xentilicio | Singapuriano, Singapuriana | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa lingua malaia mandarín estándar Lingua támil | ||||
Relixión | budismo, Taoísmo, cristianismo, Islam e Hinduísmo | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 719,1 km² | ||||
Auga | 1,444 % | ||||
Bañado por | Estreito de Singapur e Singapore River (en) | ||||
Punto máis alto | Bukit Timah (pt) (163,63 m) | ||||
Punto máis baixo | Estreito de Singapur (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 9 de agosto de 1965 | ||||
Día festivo | Aninovo (1 de xaneiro) Día Internacional dos Traballadores (1 de maio) National Day (en) (9 de agosto) Ano Novo Chinés (2nd day of the 1st month in the Chinese calendar (en) , Lunar/Lunisolar New Year's Day (en) ) Vesak (pt) Eid al-Fitr (2 Shawwal) Eid al-Adha (10 Dhu al-Hijjah) Diwali (pt) (Ashvin Krishna Trayodashi (en) ) Venres Santo (dois dias antes da Páscoa (pt) ) Nadal (25 de decembro) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | República parlamentaria | ||||
• Presidente | Tharman Shanmugaratnam (pt) (2023–) | ||||
Órgano executivo | Government of Singapore (en) | ||||
• Primeiro ministro | Lawrence Wong (2024–) | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento de Singapura (pt) Circunscrición: 27, (Escano: 99) | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Singapore (en) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 423.796.995.373 $ (2021) | ||||
Moeda | Dólar de Singapur | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .sg | ||||
Prefixo telefónico | +65 | ||||
Teléfono de emerxencia | 995 e 999 | ||||
Código de país | SG | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | gov.sg | ||||
Singapur, oficialmente República de Singapur (en chinés: 新加坡共和国, Xīnjīapō Gònghéguó; en inglés: Republic of Singapore; en malaio: Republik Singapura; en támil: சிங்கப்பூர் குடியரசு, Siṅkappūr Kuṭiyarasu), é unha cidade-estado insular situada na Península Malaia no Sueste asiático, a 137 km ao norte do ecuador terrestre. O país está composto por 63 illas, separadas de Malaisia polo estreito de Johor no norte e das illas indonesias de Riau polo estreito de Singapur no sur. A República está altamente urbanizada, con moi poucas zonas boscosas restantes, aínda que se está gañando terra ao mar.
Dende que as illas comezaron a estar habitadas no século II, Singapur formou parte de varios dos imperios que habitaron a zona, acollendo a partir de 1819 un posto comercial da Compañía Británica das Indias Orientais co permiso do Sultanato de Johor. Os británicos conseguiron a soberanía sobre a illa en 1824, converténdose nunha das Colonias do Estreito en 1826. Ocupado polos xaponeses durante a segunda guerra mundial, Singapur declarou a súa independencia en 1963, uníndose con outros antigos territorios británicos para formar Malaisia. Con todo, volveu declarar a súa independencia tan só dous anos despois. Dende entón, o rápido e gran crecemento da súa riqueza converteuno nun dos chamados Catro tigres asiáticos.
Singapur é hoxe o cuarto centro financeiro mundial e o seu porto un dos cinco máis activos do mundo. A súa economía depende en gran medida das exportacións de bens e da refinación de importacións, especialmente no sector manufactureiro, que constituían o 26% do seu PIB en 2005. En termos de paridade de poder adquisitivo, Singapur ten a terceira renda per cápita máis alta do mundo.
Politicamente, Singapur é unha república parlamentaria pluripartidista unitaria cun sistema de goberno de tipo británico parlamentario unicameral. O Partido de Acción Popular gañou tódalas eleccións dende o autogoberno en 1959. Pouco máis de cinco millóns de persoas viven en Singapur, das cales tan só 2.910.000 naceron no país. A poboación é moi diversa, sendo case o 75% da poboación total de orixe chinesa, mentres que os malaios e os indios forman as minorías máis significativas. Como reflexo desta diversidade, o país conta con catro linguas oficiais: o chinés, o inglés, o malaio e o támil. É un dos cinco membros fundadores da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN), anfitrión da Secretaría da Cooperación Económica Asia-Pacífico (APEC) e membro da Cúpula de Asia Oriental, do Movemento de Países Non Aliñados e da Commonwealth.