Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Seven Nation Army

«Seven Nation Army»
sinxelo de The White Stripes
do álbum Elephant
Lanzamento 7 de marzo do 2003
Formato {{{formato}}}
Gravada abril do 2002
Xénero musical garage rock
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:52
Discográfica XL Recordings, V2 Records
Produtor(es) Jack White
Escritor(es) Jack White
Cronoloxía
«"Candy Cane Children «Seven Nation Army» «"I Just Don't Know What to Do with Myself
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Seven Nation Army" é unha canción da banda estadounidense de garage rock The White Stripes, editada como sinxelo do seu álbum Elephant o 7 de marzo do 2003. O tema estivo no número 1 da lista Modern Rock Tracks durante tres semanas, e gañou o Grammy do 2004 á mellor canción de rock. Seven Nation Army é coñecida polo seu riff de guitarra, que pode escoitarse en case toda a canción. A pesar de que soa como un baixo (instrumento que a banda non usa), o son foi realmente creado por Jack White cunha guitarra semi-acústica usando un pedal Digitech Whammy para baixarlle unha oitava. O riff foi composto nunha proba de son antes dun concerto no Corner Hotel en Melbourne, Australia, segundo as notas do libreto que acompaña ao DVD Under Blackpool Lights. O riff ispirouse no tema principal da Sinfonía nº 5 de Anton Bruckner.

"Seven Nation Army" é como Jack White adoitaba a referirse ao Exército de Salvación (Salvation Army en inglés) cando era un neno[1].

Rolling Stone situou a "Seven Nation Army" no posto 286 na súa lista de 2010 das 500 mellores cancións de todos os tempos[2]

  1. "bostonphoenix.com - True believers: The White Stripes live out their rock-and-roll fantasy". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2015. Consultado o 23 de febreiro de 2013. 
  2. "Rolling Stone - 500 greatest songs of all time". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2011. Consultado o 09 de outubro de 2011. 

Previous Page Next Page