Pteridina | |
---|---|
pteridina | |
Identificadores | |
Número CAS | 91-18-9 |
PubChem | 1043 |
UNII | 6EZF26XQ81 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C6H4N4 |
Masa molecular | 132.123 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A pteridina ou azinopurina[1] é un composto químico aromático composto por un anel de pirimidina fusionado cun anel de pirazina. Unha pteridina é tamén un grupo de compostos heterocíclicos que conteñen unha ampla variedade de substitucións na súa estrutura. As pterinas e as flavinas son clases de pteridinas substituídas que teñen unha importante actividade biolóxica.
As pteridinas son pigmentos, que producen cor en estruturas biolóxicas como os iris dos ollos de moitos animais invertebrados,[2] e vertebrados,[3][4] pero non na cor dos ollos humanos.
A pteridina, é un precursor na síntese de ácido dihidrofólico en moitos microorganismos.[5] A pteridina e o ácido 4-aminobenzoico convértense pola acción do encima dihidropteroato sintetase en ácido dihidrofólico en presenza de glutamato. O encima dihidropteroato sintetase é inhibido polos antibióticos sulfamidas.