Pobo navajo | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 300 460 (2011)[1] | |
Rexións principais: | |
Arizona | 140 263 |
Novo México | 108 306 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua navajo, sinais dos indios das chairas |
Relixión | Navajo Tradicional, Cristianismo e Igrexa Nativa Americana |
Grupos relacionados | Pobo apache |
Os navajo[2] (en navajo: Diné ou Naabeehó) son un pobo amerindio do suroeste dos Estados Unidos de América. Despois do pobo cherokee, son a segunda meirande tribo federalmente recoñecida con 300 460 membros (2015).[1][3] A Nación Navajo constitúe un territorio con goberno independente que controla as reservas na área de Four Corners, con 71 000 km² de terra nos estados de Arizona, Utah e Novo México. A lingua navajo é a lingua tradicional do pobo, aínda que moitos falan inglés tamén.
Os estados con meirandes poboacións navajo son Arizona (140 263) e Novo México (108 306). Arredor de tres cuartos da poboación navajo reside neses dous estados.[4]