Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Otto von Bismarck

Modelo:BiografíaA Súa Excelencia Editar o valor en Wikidata
Otto von Bismarck

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(de) Otto Eduard Leopold von Bismarck Editar o valor en Wikidata
1 de abril de 1815 Editar o valor en Wikidata
Schönhausen (Reino de Prusia) Editar o valor en Wikidata
Morte30 de xullo de 1898 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Friedrichsruh (Reich alemán) Editar o valor en Wikidata
Causa da morterespiratory arrest (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBismarck Mausoleum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ministro do comércio (pt) Traducir Reino de Prusia
15 de setembro de 1880 – 1890
Primeiro-ministro da Prússia (pt) Traducir
9 de novembro de 1873 – 20 de marzo de 1890
← Albrecht von Roon (pt) TraducirLeo von Caprivi →
Imperial chancellor (en) Traducir
21 de marzo de 1871 – 20 de marzo de 1890 – Leo von Caprivi →
Chanceler da Confederación Alemá do Norte
1 de xullo de 1867 – 21 de marzo de 1871
Ministro de Relacións Exteriores Reino de Prusia
8 de outubro de 1862 –
Primeiro-ministro da Prússia (pt) Traducir
22 de setembro de 1862 – 1 de xaneiro de 1873 (dimisión)
← Prince Adolf zu Hohenlohe-Ingelfingen (en) TraducirAlbrecht von Roon (pt) Traducir →
Envoy (en) Traducir
22 de maio de 1862 – 22 de setembro de 1862
Envoy (en) Traducir
29 de xaneiro de 1859 – 22 de maio de 1862
Ambassador to the German Confederation (en) Traducir
15 de xullo de 1851 –
Legationsrat (en) Traducir
8 de maio de 1851 –
Member of the Prussian Second Chamber (en) Traducir
1849 –
Parlamentario First United Diet of Prussia (en) Traducir
11 de maio de 1847 –
Dijkgraaf (en) Traducir Jerichow
1846 –
Referendar (en) Traducir Potsdam Government Region (en) Traducir
1837 – 1838
Referendar (en) Traducir Aachen Government Region (en) Traducir
1836 – 1837
Auscultator (en) Traducir Q2652174 Traducir
1835 – 1836
Member of the Reichstag of the German Empire (en) Traducir
Membro da Cámara dos Señores de Prusia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónKönigliche Staats- und landwirtschaftliche Akademie Eldena (en) Traducir - agricultura (1838–1839)
Universidade de Frederico-Guilherme (pt) Traducir - ciencias do dereito (1834–1835)
Universidade de Gotinga - ciencias do dereito (1832–1833)
Friedrich-Wilhelms-Gymnasium (en) Traducir (–1832)
Evangelisches Gymnasium zum Grauen Kloster (en) Traducir (1827–)
Plamannsche Erziehungsanstalt (en) Traducir (1821–1827) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Berlín
Friedrichsruh (en) Traducir
Warcino (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónvolunteer serving one year (en) Traducir (1838–1839), oficial, escritor, xurista, diplomático, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorQ2652174 Traducir, auscultator (en) Traducir (1835–1836) Editar o valor en Wikidata
Partido políticopolítico independente Editar o valor en Wikidata
Membro de
Carreira militar
Rango militarGeneraloberst (en) Traducir (1890–)
Mariscal de Campo (1890–)
Tenente (1841–) Editar o valor en Wikidata
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor en Wikidata
Participou en
25 de marzo de 1852Duel Vincke c/a Bismarck (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Outro
TítuloDuque (1890–)
Fürst (1871–)
Graf (1865–) Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Bismarck (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeJohanna von Puttkamer (1847–) Editar o valor en Wikidata
FillosMarie von Bismarck, Herbert von Bismarck, Wilhelm von Bismarck Editar o valor en Wikidata
PaisFerdinand von Bismarck Editar o valor en Wikidata  e Wilhelmine Luise Mencken Editar o valor en Wikidata
IrmánsMalwine von Bismarck
Bernhard von Bismarck Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie, 46th volume (en) Traducir
Gedanken und Erinnerungen (en) Traducir
Enciclopédia militar Sytin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0901976 BNE: XX854583 iTunes: 677631175 WikiTree: Bismarck-Schönhausen-8 Find a Grave: 20797 Editar o valor en Wikidata
Monumento a Bismarck, Hamburgo
Otto von Bismarck

Otto Eduard Leopold von Bismarck-Schönhausen, nado en Schönhausen o 1 de abril de 1815[1] e finado en Friedrichsruh o 30 de xullo de 1898[1], coñecido como Otto von Bismarck, foi un estadista, burócrata, militar, político e prosista alemán, considerado o fundador do Estado alemán moderno. Durante os seus últimos anos de vida alcumóuselle o «Chanceler de Ferro» pola súa determinación e man dura na xestión de todo o relacionado co seu país,[n. 1] que incluía a creación dun sistema de alianzas internacionais que asegurasen a supremacía de Alemaña, coñecido como o Deutsches Reich.[1]

Cursou estudos de leis e, a partir de 1835, traballou nos tribunais de Berlín e Aquisgrán, actividade que abandonou tres anos máis tarde para dedicarse ao coidado das súas posesións territoriais.[2] En 1847 entrou a formar parte do parlamento prusiano,[2] onde axiña se converteu en líder da á conservadora.[2] Enfrontouse duramente á revolución de 1848, e por esa época comezou a perfilar o que sería o seu principal obxectivo político: a unificación de Alemaña e a creación do Reich desde preceptos autoritarios e antiparlamentarios.[3]

A súa carreira política estivo sempre marcada por un férreo conservadorismo e polo belicismo. Formou parte do parlamento prusiano e foi logo delegado diplomático en Westfalia, Francia e Rusia. Procurou sempre a unificación de tódolos pobos xermanos, aínda que fose por medios violentos.

En 1862, tras ser nomeado primeiro ministro de Prusia, emprendeu unha importante reforma militar que lle permitiu dispoñer dun poderoso exército para levar a cabo os seus plans de unificación. Desta forma, en 1864 conseguiu arrebatar a Dinamarca os ducados de Lauenburgo, Schleswig e Holstein[4] e, dous anos máis tarde, logo da loita contra Austria, conseguiu a anexión de Hessen,[4] Frankfurt,[4] Hannover[4] e Nassau,[4] o que deu lugar á creación da Confederación Alemá do Norte,[5] con Bismarck como chanceler.[5] Para rematar, a guerra contra Francia supuxo a adhesión de Baviera, entre outros estados, e en 1871 proclamouse o Segundo Imperio Alemán no Palacio de Versalles de París.[6] Bismarck converteuse en primeiro ministro de Prusia e chanceler.[6] Durante os 19 anos que se mantivo no poder levou a cabo unha política conservadora, enfrontándose inicialmente aos católicos e combatendo a socialdemocracia.[1] Foi tamén o organizador da Tripla Alianza, con Italia e Austria-Hungría, creada en 1882 para illar a Francia.

En 1871, Guillerme I -rei de Prusia- nomeouno chanceler. A política interior de Bismarck apoiouse nun réxime de poder autoritario, malia a aparencia constitucional e do sufraxio universal destinado a neutralizar as clases medias (Constitución federal de 1871). Inicialmente gobernou en coalición cos liberais, centrándose en contrarrestar a influencia da Igrexa católica (Kulturkampf) e en favorecer os intereses dos grandes terratenentes mediante unha política económica librecambista; en 1879 rompeu cos liberais e aliouse co partido católico (Zentrum), adoptando posturas proteccionistas que favorecesen o crecemento industrial alemán.[1] Nesa segunda época centrou os seus esforzos en frear o movemento obreiro alemán, ao que ilegalizou aprobando as Leis Antisocialistas, á vez que intentaba atraer os traballadores coa lexislación social máis avanzada do momento.[1][7]

En política exterior, mostrouse prudente para consolidar a unidade alemá recentemente conquistada: por unha banda, forxou un entramado de alianzas diplomáticas (con Austria, Rusia e Italia) destinado a illar a Francia en previsión dun posible desquite;[8] por outro, mantivo Alemaña apartada do vórtice imperialista que naquel tempo arrastraba o resto das potencias europeas. Foi precisamente esta precaución fronte á carreira colonial o que o enfrontou co novo emperador, Guillerme II (1888-1918), partidario de prolongar a ascensión de Alemaña coa adquisición dun Imperio ultramarino, asunto que provocou a caída de Bismarck en 1890. Ao faltarlle o apoio do emperador Guillerme II, quen subira ao trono en 1888, Bismarck presentou a súa dimisión en 1890 e retirouse a vivir ao campo. Faleceu en Friedrichsruh o 30 de xullo de 1898 aos 83 anos de idade.[1][2]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mommsen, Wilhelm. “Introducción”... p. 7. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Richter, Werner. “Prólogo de un luchador”...,. p. 9. 
  3. Lerman, Katharine Anne, “Resumen de su vida”..., páx. 7.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Pflanze, Otto, “A unificación de Alemaña”, páx. 233.
  5. 5,0 5,1 Pflanze, Otto, “El nuevo estado”, páx. 245
  6. 6,0 6,1 Pflanze, Otto, “A gran Alemaña”, páx. 262.
  7. Extraído de Biografias y Vidas D'acordo a sección ¿Desea copiar material?.
  8. Pflanze, Otto, “El balance del poder”, páx. 337


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "n.", pero non se atopou a etiqueta <references group="n."/> correspondente


Previous Page Next Page