Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Metro de Madrid

Metro de Madrid
Localización Área metropolitana de Madrid, España
Tipo de transporte Metro
Inauguración 17 de outubro de 1919
Lonxitude das liñas 324 km
Número de liñas 12 convencionais, 1 ramal e as 3 liñas de metro lixeiro
Nº de usuarios ao día 1 689 132 (en 2004)
Parque móbil 1.550 coches (en 2004)
Ancho de vía 1,445 m
Control do metro Comunidade de Madrid e Concello de Madrid
Logo da Rede de Metro de Madrid á saída da estación de Delicias

O Metro de Madrid é un sistema de metro que serve á cidade de Madrid, en España. Foi inaugurado o 17 de outubro de 1919 polo rei Afonso XIII.

A rede conta con 238 estacións, das que 200 son sinxelas, en 27 trasbordan dúas liñas, en 10 teñen parada tres liñas e a estación de Avenida de América que serve de transbordo a catro liñas. En tres desas estacións (Tres Olivos, Estadio Olímpico e Puerta de Arganda), faise cambio de tren dentro dunha mesma liña, e en 21 paradas hai correspondencia coa rede de Cercanías Madrid de Renfe. Se se teñen en conta as liñas que pasan por cada estación a cifra de estacións en total asciende a 300 estacións en liña.

A rede de Metro de Madrid compóñena 12 liñas convencionais con 238 estacións, o ramal que une Ópera e Príncipe Pío e as tres liñas existentes de metro lixeiro que suman un total de 27,78 km e contan con 38 estacións, das que Metro de Madrid opera as 9 paradas da liña ML1 de 5,4 km; a lonxitude total da rede é de 293 quilómetros.

É a quinta rede de metro do mundo por quilómetros (despois das de Londres, Nova York, Toquio e Moscova);[1] dato notable tendo en conta que, cuns 3 millóns de habitantes no seu municipio e case 6 millóns na súa área metropolitana, a cidade sitúase no posto 50º entre as metrópoles do mundo. É ademais unha das que máis rapidamente se expande na actualidade, con notables ampliacións durante a última década. Con todo, durante o 2004 contabilizáronse 616 533 167 desprazamentos, que a deixan lonxe das 10 primeiras redes de metro polas súas cantidades de viaxeiros[2].

Actualmente a rede estendeuse máis alá da cidade de Madrid para prestar servizo a varios concellos da súa área metropolitana. Estes son: Alcobendas, San Sebastián de los Reyes, Coslada, San Fernando de Henares, Rivas-Vaciamadrid, Arganda del Rey, Alcorcón, Leganés, Xetafe, Móstoles, Fuenlabrada, Pozuelo de Alarcón e Boadilla del Monte (os dous últimos están conectados por liñas de metro lixeiro).

  1. O metro máis longo do mundo é o de Londres, con 415 km, seguido do de Nova York con 368. Os seguintes son os metros de Toquio (292,3 km), Seúl (287 km),Madrid (281,5 km), Moscova (265,2 km), París (212,5 km), e Cidade de México (201,7 km) segundo Curiosidades de los metros del mundo Arquivado 03 de decembro de 2008 en Wayback Machine.. (en castelán)
  2. Por detrás de Tokio, Moscova, Nova York, Seúl, México D.F., París, Honk Kong, Londres, Osaka, Sao Paulo, San Petersburgo, Pequín e outros: datos da wikipedia en inglés

Previous Page Next Page