Parte da serie sobre Marxismo |
Conceptos fundamentais |
Alienación |
Burguesía |
Comunismo |
Explotación |
Forzas produtivas |
Hexemonía cultural |
Loita de clases |
Materialismo dialéctico |
Materialismo histórico |
Medios de produción |
Modo de produción |
Plusvalía |
Proletariado |
Relacións de produción |
Teoría do valor-traballo |
Outras ligazóns |
Marxismo |
Economía marxista |
O marxismo é o conxunto de doutrinas políticas e filosóficas derivadas da obra de Karl Marx, filósofo, economista, xornalista e revolucionario do século XIX e do seu amigo Friedrich Engels. Marx e Engels baseáronse na filosofía de Friedrich Hegel e de Feuerbach, ambos alemáns, a economía política de Adam Smith, a economía ricardiana e o socialismo francés do século XIX para desenvolver unha crítica da sociedade que é tanto científica como revolucionaria. Esta crítica alcanzou a súa expresión máis sistemática na súa obra máis importante, O capital: crítica da economía política.
Porén, o marxismo traspasou as ideas dos seus precursores, tornándose unha corrente política-teórica que abrangue unha ampla gama de pensadores e militantes, non sempre coincidentes e asumindo posicións teóricas e políticas ás veces antagónicas.
O marxismo aséntase sobre 3 grandes eixes: a análise do pasado, a crítica do presente e o proxecto de futuro.[Cómpre referencia]