Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Logaritmo

A gráfica da función logarítmica de base 2 atravesa o eixo horizontal en x=1, é dicir, pasa polo punto (1,0). Outros puntos polos que pasa son o (2,1), (4,2) e (8,3). En xeral, pasa polos puntos da forma (2a,a) xa que log2(2a)=a. Por exemplo, pasa por (8,3) porque log28=log2(23)=3.

O logaritmo dun número positivo x nunha certa base b, é o expoñente y ao que hai que elevar a base para obter o número dado. A base de logaritmos b ten que ser un número positivo distinto de un.

Abreviadamente o logartimo exprésase por log, indicando a continuación a base como un subíndice e lese "logaritmo en base b de x". Así:

logbx=y se by=x

Por exemplo, o logaritmo de 1000 en base 10 é 3 (log101000=3) pois 103=1000.

Obsérvese que unha igualdade logarítmica vai asociada a unha igualdade exponencial equivalente. Isto débese a que a función logarítmica é a inversa da función exponencial da mesma base para a composición de funcións.

Hai certas bases de logaritmos moi usadas, dando lugar a logaritmos con nome propio. Así:

  • Os logaritmos de base 10 chámanse logaritmos vulgares ou decimais. Teñen moitas aplicacións en ciencia e enxeñaría. Adoitase a non escribir a base, así se se escribe logx, enténdese que é o logaritmo decimal de x.
  • Os logarimtos de base e levan o nome de logaritmos naturais ou neperianos na honra do introdutor dos logaritmos, o matemático escocés John Napier. Son amplamente usados na matemática pura, especialmente no cálculo infinitesimal. Non se acostuma a usar a expresión habitual, loge, senón ln ou L.
  • Os logaritmos de base 2 reciben a denominación de logaritmos binarios e se usan profusamente na ciencia informática. Ademais da notación habitual, log2, úsase tamén lb.

Os logaritmos foron introducidos por John Napier a comezos do século XVII como unha ferramenta para simplificar cálculos. Foron adoptados rapidamente por navegantes, científicos, enxañeiros e outros profesionais para realizar cálculos máis facilmente, usando regras de cálculo e táboas de logaritmos. As tediosas multiplicacións de números con moitas cifras podían facerse cunha simple suma dos logaritmos dos números a multiplicar, cuxos valores mirábanse na táboa de logaritmos; finalmente mirábase na táboa o número cuxo logaritmo era a suma achada, que viña a ser o produto que se buscaba. Isto débese a unha propiedade importante dos logaritmos, a cal di que o logaritmo dun produto é igual á suma dos logaritmos dos factores. Análogas propiedades permiten simplificar os cálculos das divisións, as potencias e as raíces.

A actual notación dos logaritmos ideouna Leonhard Euler no século XVIII ao relacionar as funcións exponencial e logarítmica.

As escalas logarítmicas reducen un amplo rango de cantidades a outras de máis pequeno alcance. Por exemplo, o decibelio é unha unidade logarítmica que mide a presión sonora. En química, o pH dunha solución acuosa é unha medida logarítmica da súa acidez. Os logaritmos son comúns nas fórmulas científicas, na medida da complexidade dun algoritmo informático e na medida dos fractais, describen intervalos musicais, aparecen en métodos de contaxe de números primos, informan sobre algúns modelos en psicofísica, e poden axudar na peritaxe forense.

Do mesmo xeito que a función logarítmica é a inversa da función exponencial, a función logarítmica complexa é a inversa da función exponencial complexa. O logaritmo discreto é outra variante con aplicacións na criptografía de chave pública.


Previous Page Next Page






Logaritme AF Logarithmus ALS ሎጋሪዝም AM Logaritmo AN لوغاريتم Arabic لوڭاريتم ARY ঘাতাংক AS Logaritmu AST Loqarifm AZ Логарифм BA

Responsive image

Responsive image