Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Lingua kiribatiana

Kiribatiano
Taetae ni Kiribati
Falado en: Kiribati, Fidxi, Illas Marshall, Nauru, Illas Salomón, Tuvalu e Vanuatu
Rexións: Polinesia
Total de falantes: 120 000 (1988–2010)
Familia: Austronesia
 Malaio-polinesia
  Oceánica
   Micronesia
    Micronesia central
     Kiribatiano
Status oficial
Lingua oficial de: Kiribati
Regulado por: Kiribati Language Board
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: gil
ISO 639-3: gil
Mapa

Mapa das linguas micronesias; a rexión de fala kiribatiana en azul.
Status

O kiribatiano está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

O kiribatiano[2] (kiribati na propia lingua) é un idioma da familia austronesia.

Aproximadamente 105.000 persoas falan kiribatiano, das que 98.000 viven en Kiribati, un 97.2% da poboación. O resto dos falantes son habitantes de Nui (Tuvalu), Rabi (Fidxi), Mili (Illas Marshall) e algunhas outras illas onde existen colonias de antigos habitantes de Kiribati (Illas Salomón, Vanuatu, Nova Zelandia ou Hawai).

Ao contrario que outros idiomas da rexión do Pacífico, o idioma non se atopa en perigo de extinción, e case todos os falantes utilízano a diario. Só o 30% dos falantes son completamente bilingües co inglés, polo que o kiribatiano non corre o risco de ser absorbido por este.

Pescadores, mariñeiros, granxeiros e xente involucrada na produción de copra conforman a maior parte de falantes desta lingua.

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kiribatiano.

Previous Page Next Page