Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Liderado

Xullo César, líder do Imperio romano

O liderado é o conxunto de principios que un individuo ten para influír na forma de ser e actuar das persoas ou nun grupo de traballo determinado, facendo que este equipo traballe con entusiasmo cara ao logro das súas metas e obxectivos.[1] Tamén se entende como a capacidade de delegar, tomar a iniciativa, xestionar, convocar, promover, incentivar, motivar e avaliar un proxecto, de forma eficaz e eficiente, sexa este persoal, institucional ou doutra clase (dentro do proceso administrativo da organización). Todo isto pódese observar dentro da propia dirección dunha empresa. O liderado na empresa será de vital importancia.

O liderado non entraña unha distribución desigual do poder, porque os membros do grupo non carecen de poder, senón que dan forma ás actividades do grupo de distintas maneiras. Aínda que, por regra xeral, o líder terá a última palabra. Sendo de novo observable nunha empresa mediante os diferentes salarios dos empregados.

A correlación entre o líder en atracción e en ideas é positiva. Pero por ser moderada debemos buscar os casos en que as funcións do liderado en atracción e en ideas están superadas. En particular, hai suxestivas informacións sobre uns poucos grupos que indican que o iniciador máis frecuente de comunicacións non é tan atractivo como poderían esperarse da alta correlación entre a atracción e liderado. A pesar de que os líderes en ideas teñen un 50 por cento de probabilidades de ser, os homes máis atractivos ao finalizar a primeira sesión do grupo é bastante improbable que manteña o alto posto en atracción e ideas ao promediar a cuarta sesión. Bales suxire que os líderes no traballo realizan cousas que desvían o afecto doutros membros. En particular, Bales dá a entender que o maior iniciador pode non permitir aos outros membros oportunidades de reacción, comentario ou realimentación, como contribucións ás ideas do líder.[2]

  1. "El líder de producción". diciembre de 2016. Consultado o 11 de septiembre de 2017.  |first1= sen |last1= in Authors list (Axuda)
  2. Barry E., Collins. Psicología Social de los procesos, de grupos en adopción y de decisiones. El Ateneo, 1971. 

Previous Page Next Page






Leierskap AF قيادة Arabic Lideralgu AST Rəhbərlik AZ নেতৃত্ব Bengali/Bangla Lideratge Catalan ڕێبەرایەتی CKB Vůdcovství Czech Menschenführung German Ηγεσία Greek

Responsive image

Responsive image