Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Illas do Vento

Modelo:Xeografía políticaIllas do Vento
Îles du Vent (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Epónimowindward (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 17°32′00″S 149°49′59″O / -17.5333, -149.833
ColectividadePolinesia Francesa Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Xeografía
Parte de
Superficie1.195 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude2.241 m-3 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Orohena (pt) Traducir (2.241 m) Editar o valor en Wikidata

As illas do Vento (en francés Îles-du-Vent; en tahitiano te fenua Ni’a Mata’i mā) son o grupo oriental das illas da Sociedade, na Polinesia Francesa. Comprende as illas de Tahití, Moorea, Maiao, Mehetia e Tetiaroa. Todas son illas altas de orixe volcánica, excepto Tetiaroa que é un atol.

Administrativamente o grupo forma unha subdivisión administrativa da Polinesia Francesa. Cunha poboación de 194.623[1] habitantes (censo de 2007), concentra o 74% do total do país, a maioría en Tahití. O aeroporto internacional de Tahití-Faa'a e o porto de Papeete son as principais fontes de comunicacións.

A expresión "do vento", ou "de barlovento", é unha expresión mariñeira que indica o lado de onde vén o vento, especialmente respecto dunha embarcación. Xeograficamente utilizouse para indicar as costas ou as illas orientais situadas a barlovento dos ventos alisios. Tradicionalmente coñécese como illas de Sotavento ás illas orientais das Antillas, e como illas do Vento ás illas orientais do arquipélago da Sociedade, aínda que tamén se pode aplicar a outros arquipélagos.

Inicialmente o nome de illas da Sociedade utilizouno James Cook polo grupo de illas de Sotavento. Os misioneiros británicos en Tahití chamaron ás illas do Vento como illas Xeorxianas, a partir do nome que deu Samuel Wallis a Tahití: King George III. A principios do século XIX estendeuse o nome de Sociedade para todo o arquipélago, diferenciando os dous grupos como Windward (do Vento) e Leeward (Sotavento).

  1. Institut Statistique de Polynésie Française (ISPF). "Recensement de la population 2007" (PDF) (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de decembro de 2007. Consultado o 2007-12-02. 

Previous Page Next Page