Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Hemicordados

Hemicordados
Rango fósil: cámbrico - actualidade

Saccoglossus sp.
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Bilateria
Superfilo: Deuterostomia
Filo: Hemichordata
Bateson, 1885
Clases

Os hemicordados (Hemichordata, do grego ἡμι- hemi-, "metade" e o latín chordata, pl. de chordatum "cordado", "con corda"; de chorda, "corda", e este do grego χορδή chordē) é un filo de animais vermiformes, mariños, deuteróstomos, considerados como as formas máis primitivas dos cordados aínda que están claramente separados deles por careceren dunha verdadeira notocorda; porén, presentan unha estomocorda, que é unha expansión do tubo dixestivo e, como os cordados, teñen unha farinxe con fendeduras (faringotremas), que usan para filtraren o alimento.

Moitos autores considéranos como un grupo irmán dos equinodermos.

Apareceron no cámbrico e inclúen dúas clases principais, enteropneustos e pterobranquios; unha terceira clase, planctosferoideos, coñécese unicamente a través de larvas dalgunhas especies.[1]

Por outra parte, a clase extinta dos graptolitinos (graptólitos) parece que está estreitamente emparentada cos pterobranquios.[1]

Na actualidade coñécense unhas 100 especies.[2]

Son organismos solitarios que en xeral viven en tobos alimentándose dos sedimentos, pero algunhas especies son filtradores farínxeos. Porén, os pterobranquios son filtradores, coloniais na súa maioría, que viven nunha estrutura tubular de coláxeno chamada coenecium.[3]

  1. 1,0 1,1 Sato, Atsuko; Rickards R. B. e Holland P. W. H. (2008): "The origins of graptolites and other pterobranchs: a journey from 'Polyzoa'" Lethaia 41: 303–316.
  2. Chapman, A. D. (2007): Numbers of Living Species in Australia and the World. Invertebrates. A Report for the Department of the Environment and Heritage. Australian Biodiversity Information Services. Ver en liña.
  3. Sato, Atsuko; Bishop J. D. D. e Holland P. W. H. (2008): "Developmental biology of pterobranch hemichordates: history and perspectives". Genesis 46: 587–91.

Previous Page Next Page