República de Colombia (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Capital | Bogotá | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.583.799 (1825) (0,84 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua castelá | ||||
Relixión | catolicismo | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 3.064.800 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1819 | ||||
Disolución | 1831 | ||||
Sucedido por | República de Nova Granada, República Federal da América Central (pt) , Venezuela, Ecuador e Guiana Britânica (pt) | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república república federal presidencialismo | ||||
• Presidente | Simón Bolívar (1819–1830) | ||||
Moeda | piastre (en) | ||||
A Gran Colombia foi un Estado de América do Sur creado en 1819 polo Congreso de Angostura a través da Ley Fundamental de la República (ratificada despois no Congreso de Cúcuta en 1821) pola unión de Venezuela e a Nova Granada nunha soa nación baixo o nome de República de Colombia[1][2], á que logo se adheriron Panamá (1821) e Ecuador (1822).
O termo Gran Colombia emprégase pola historiografía para distinguila da actual República de Colombia, cuxo territorio daquela era coñecido como Nova Granada / Cundinamarca.
Esta república existiu de iure entre 1821 e 1831 e configurouse a partir da unión das anteriores entidades coloniais do Vicerreinado de Nova Granada, a Capitanía Xeneral de Venezuela, a Presidencia de Quito e a Provincia Libre de Guayaquil[3].
A súa superficie correspondía aos territorios das actuais repúblicas de Colombia, Ecuador, Panamá e Venezuela (incluíndo a Güiana Esequiba, en disputa güiano-venezolana), e outros territorios que despois pasaron ao Brasil, o Perú e Nicaragua por acordos internacionais celebrados entre estes países e as repúblicas xurdidas da disolución grancolombiana.
Aínda que a Gran Colombia foi creada mediante a Ley Fundamental de la República de Colombia aprobada no Congreso de Angostura (1819), o Estado como froito da unión dos anteditos territorios non veu a luz até o Congreso de Cúcuta (1821), onde se redactou a Constitución de Cúcuta ou Constitución nacional, coa cal se estableceu o funcionamento e se regulamentou a súa creación, ao igual que a vida política e institucional do novo país.
O país disolveuse a finais da década de 1820 e inicios dos anos 1830, debido ás grandes diferenzas políticas que existían entre partidarios do federalismo e o centralismo, así como polas tensións rexionais entre os pobos que integraban a república.