Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Fertilizante

Fertilizante orgánico.

Un fertilizante ou adubo sintético é calquera substancia orgánica ou inorgánica de orixe natural ou sintética (diferente dos materias calcarios) que é incorporada a un vexetal, xeralmente agregada a través dos solos (raíces) ou das follas (fertilización foliar) para fornecer un ou máis nutrientes esenciais para o crecemento do mesmo.[1]. A Real Academia Galega defíneo coma o produto químico, ou ben de orixe vexetal ou animal, que se lle bota á terra para que as plantas cultivadas nela se desenvolvan mellor e dean máis e mellores froitos [2], se ben hoxe xa non se poden considerar soamente os fertilizantes de solo, senón tamén os foliares (nutrición foliar).

Unha avaliación recente atopou que hoxe en día entre o 30 e o 50% dos rendementos dos cultivos son atribuíbeis ao uso de fertilizantes comerciais .[3] Hoxe a incorporación de adubos sintéticos é indispensábel para obtermos un alto rendemento das colleitas. Agárdase que o mercado europeo de fertilizantes creza uns 15,3 billóns de euros alá polo 2018.[4]

Os fertilizantes inorgánicos obtidos na minaría téñense empregado durante moitos séculos, porén a síntese química de fertilizantes inorgánicos foi só desenvolvida amplamente coa chegada da Revolución industrial. A pre revolución industrial británica e a chamada revolución verde no século XX trouxeron unha maior comprensión do uso dos fertilizantes .

O crecemento no uso de fertilizantes inorgánicos tamén é debido en gran parte ao crecemento da poboación mundial. Estimouse que preto da metade das persoas na Terra aliméntase na actualidade coma resultado so uso de fertilizantes sintéticos de nitróxeno.[5]

Os fertilizantes poden comportar formulacións moi diferentes (dende un nutriente a varios nutrientes ou elementos). Tamén poden conter mesturas de hormonas, extractos de argazo, vitaminas, aminoácidos etc. Poden ser líquidos, sólidos, sólidos solúbeis, en xel etc. Normalmente fornecen, en proporcións variábeis:

Os macronutrientes son consumidos en grandes cantidades e están presentes no tecido vexetal en cantidades de 0,15% a 6,0% de materia seca (0% de humidade) base (DM). Os micronutrientes son consumidos en cantidades máis cativas e están presentes no tecido da planta na orde de partes por millón (ppm), que van dende 0,15 a 400 ppm MS, ou menor que 0,04% de MS. .[6][7]

Só outros tres macronutrientes son requiridos por todas as plantas: carbono, hidróxeno e osíxeno. Estes nutrientes subminístranse pola auga e o dióxido de carbono.

O coñecido fertilizante rico en nitróxeno: nitrato de amonio tamén se emprega coma axente oxidante en dispositivos explosivos improvisados, ás veces chamados ‘’bombas fertilizantes’’, polo que requiren un regulamento na súa venda.[8]

  1. "Glossary of Soil Science Terms". Soil Science Society of America. Consultado o May 10, 2011. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2013. Consultado o 25 de xaneiro de 2013. 
  3. Stewart, W.M.; Dibb, D.W.; Johnston, A.E.; Smyth, T.J. (2005). "The Contribution of Commercial Fertilizer Nutrients to Food Production". Agronomy Journal 97: 1–6. doi:10.2134/agronj2005.0001. 
  4. "Market Study on Fertilizers". Ceresana.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2012. Consultado o 25 de xaneiro de 2013. 
  5. Erisman, Jan Willem; MA Sutton, J Galloway, Z Klimont, W Winiwarter (2008). "How a century of ammonia synthesis changed the world" (PDF). Nature Geoscience 1 (10): 636. doi:10.1038/ngeo325. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xullo de 2010. Consultado o October 22, 2010. 
  6. "AESL Plant Analysis Handbook – Nutrient Content of Plant". Aesl.ces.uga.edu. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2010. Consultado o 2010-08-25. 
  7. H.A. Mills, J.B. Jones Jr. (1996). Plant Analysis Handbook II: A practical Sampling, Preparation, Analysis, and Interpretation Guide. ISBN 1-878148-05-2. 
  8. "U.S. Department of Homeland Security". Dhs.gov. Consultado o 2012-06-17. 

Previous Page Next Page






Kunsmis AF سماد Arabic سماد ARZ Fertilizante AST Gübrə AZ Ашлама BA Rabuk BAN Угнаенні BE Gegemuk BEW Тор (биология) Bulgarian

Responsive image

Responsive image