Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Epiderme

As dúas capas da pel: epiderme e derme.
Capas nas que se subdivide a epiderme. O estrato córneo aparece máis compacto nesta imaxe do que na anterior debido a unha diferente preparación da mostra.

A epiderme é a capa máis externa da pel,[1] que está situada encima da segunda capa da pel, chamada derme. Trátase dun epitelio estratificado escamoso ou pavimentoso,[2] composto por células chamadas queratinocitos, que están mortas na parte superior da epiderme e que proliferan na parte inferior. A epiderme actúa como unha eficaz barreira protectora contra a penetración de patóxenos no organismo, facendo da pel unha barreira natural contra a infección.[3] Tamén regula as perdas de auga do corpo cara á atmosfera por medio da perda de auga transepidérmica, que ten escaso control fisiolóxico (distinta da suoración).[4]

Nos humanos, a epiderme máis fina é a das pálpebras (0,05 mm) e a máis grosa a das palmas da man e plantas dos pés (1,5 mm).[5]

As cristas da rede [6]) son engrosamentos epidérmicos que se estenden inferiormente entre as papilas dérmicas.[7] Debaixo da epiderme hai capilares sanguíneos conectados a arteriolas e vénulas.

A súa orixe embrionaria é ectodérmica.

  1. James, William; Berger, Timothy; Elston, Dirk (2005) Andrews' Diseases of the Skin: Clinical Dermatology (10th ed.). Saunders. Page 2-3. ISBN 0-7216-2921-0.
  2. McGrath, J.A.; Eady, R.A.; Pope, F.M. (2004). Rook's Textbook of Dermatology (7th ed.). Blackwell Publishing. pp. 3.1–3.6. ISBN 978-0-632-06429-8. 
  3. Marks, James G; Miller, Jeffery (2006). Lookingbill and Marks' Principles of Dermatology (4th ed.). Elsevier. pp. 1–7. ISBN 1-4160-3185-5. 
  4. Proksch, E.; Brandner, J.; Jensen, J.M. (2008). "The skin: an indispensable barrier". Experimental Dermatology 17 (12): 1063–1072. PMID 19043850. doi:10.1111/j.1600-0625.2008.00786.x. 
  5. Brannon, Heather (2007). "Dermatology - Epidermis". About.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2012. Consultado o 07 de agosto de 2012. 
  6. http://archderm.ama-assn.org/cgi/reprint/120/3/324.pdf
  7. TheFreeDictionary > rete ridge Citing: The American Heritage Medical Dictionary Copyright 2007, 2004

Previous Page Next Page