Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Enzima

Modelo do enzima purina nucleósido fosforilase (PNP) xerado por computador.

Os/as enzimas[1] (ou encimas)[2] son un grupo de compostos orgánicos de natureza en xeral proteica (existen tamén enzimas constituídos por ARN, chamados ribozimas)[3][4], con actividade intra ou extracelular que teñen funcións catalíticas, catalizando reaccións químicas, que, sen a súa presenza, serían imposibles ou non poderían ter lugar á velocidade axeitada. Isto conséguese a través da diminución da enerxía de activación precisa para que se dea unha reacción química, resultando no aumento da velocidade desta e posibilitando así o metabolismo dos seres vivos. A capacidade catalítica dos enzimas fainos adecuados para aplicacións industriais, como na industria farmacéutica ou na alimentaria.

En sistemas vivos, a maioría das reaccións bioquímicas danse en vías metabólicas, secuencias de reaccións nas que o produto dunha reacción utilízase como reactivo na seguinte. Diferentes enzimas catalizan os diferentes pasos das vías metabólicas, actuando de forma concertada de xeito que non se interrompa o fluxo nesas vías. Ademais, a actividade de cada enzima pode ser regulada, aumentándoa, diminuíndoa ou mesmo deténdoa, co obxectivo de modular o fluxo da vía metabólica na que se insire.

O ramo da bioquímica adicado ao estudo e caracterización dos enzimas é a enzimoloxía.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para enzima.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para encima.
  3. Lilley D (2005). "Structure, folding and mechanisms of ribozymes". Curr Opin Struct Biol 15 (3): 313–23.DOI:10.1016/j.sbi.2005.05.002 PMID 15919196
  4. Cech T (2000). "Structural biology. The ribosome is a ribozyme". Science 289 (5481): 878–9. DOI:PMID 9311771

Previous Page Next Page






Ensiem AF Enzym ALS Enzima AN إنزيم Arabic لونزيم ARY انزيم ARZ উৎসেচক AS Enzima AST Fermentlər AZ آنزیم AZB

Responsive image

Responsive image