Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Ditadura do proletariado

Karl Marx

Ditadura do proletariado é un termo empregado e postulado polo marxismo para referirse ó estado de transición revolucionaria entre o capitalismo e a sociedade comunista[1]. O termo non se refire a unha concentración de poder nun ditador, senón a unha situación na que o proletariado ten o poder e substitúe o sistema político controlado pola burguesía (ditadura da burguesía). Esta etapa de transición é denominada tamén por moitos marxistas como socialismo.

  1. "Entre a sociedade capitalista e a comunista atópase o período da transformación revolucionaria dunha a outra, ao que corresponde tamén un período de transición política, cuxo estado non pode ser máis que a ditadura revolucionaria do proletariado" (Obras Completas de Marx e Engels en alemán, volume XIX, páxina 28, citado en Vocabulario Básico do Marxismo, de Gérard Bekerman, Editorial Crítica, Barcelona, 1983, pp. 178-179).

Previous Page Next Page