Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Cultivo celular

Cultivo celular nunha placa de Petri.
Células epiteliais en cultivo, con marcaxe para a queratina (vermello) e o ADN (verde).

O cultivo celular é o complexo proceso polo cal se cultivan células en condicións controladas, xeralmente fóra do seu ambiente natural, in vitro. Tamén se lle chama cultivo celular ao conxunto de células resultantes dese proceso. Na práctica, o termo "cultivo celular" actualmente refírese ao cultivo de células derivadas de eucariotas pluricelulares, especialmente células animais. Porén, existen tamén cultivos de cultivos de tecidos de plantas, fungos e microbios, como bacterias, protistas e virus. O desenvolvemento histórico e os métodos do cultivo celular están estreitamente interrelacionados cos do cultivo de tecidos e o cultivo de órganos.

O cultivo de células animais converteuse nunha técnica de laboratorio común na década de 1950 [1] pero o concepto de manter liñas de células vivas separadas do seu tecido orixinal xa se descubrira no século XIX.[2]

  1. "Cell Culture". Consultado o 2006-04-19. 
  2. "Some landmarks in the development of tissue and cell culture.". Consultado o 2006-04-19. 

Previous Page Next Page