Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Cocedura

Cocendo nun wok na China.
Salteado de pemento verde e cebola.

A cocedura,[1] tamén chamada coza, cocemento ou cocción é o proceso de preparación de alimentos mediante a aplicación de calor, a selección, a medición e a combinación de ingredientes nun procedemento ordenado para facer os alimentos seguros e comestibles. O proceso inclúe unha gran variedade de métodos, ferramentas e combinacións de ingredientes para cambiar o sabor ou dixestibilidade dos alimentos. Os factores que afectan o resultado final inclúen a variabilidade dos ingredientes, condicións ambientais, ferramentas, e a habilidade da persoa que cociña.

A diversidade de cociña de todo o mundo é un reflexo da diversidade, estética, agrícola, económico, cultural, social e relixiosa entre as nacións, razas, crenzas e pobos de todo o mundo.

A aplicación de calor nos alimentos normalmente, aínda que non sempre, transforma quimicamente, cambia o seu gusto, consistencia, aspecto e propiedades nutricionais. Os métodos de cocción que implica ferver líquidos nun recipiente foron practicados dende o décimo milenio a.C., coa introdución da olaría.

Unha persoa que cociña como profesión é chamado cociñeiro ou cociñeira.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cocedura.

Previous Page Next Page






Kookkuns AF አበሳሰል AM طبخ Arabic Cocción AST Aşpazlıq AZ آشپازلیق AZB Pagluto BCL Кулінарыя BE Кулінарыя BE-X-OLD Masak BEW

Responsive image

Responsive image