Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Cemiterio Nacional de Arlington

Cemiterio Nacional de Arlington en decembro de 2012.

O Cemiterio Nacional de Arlington (en inglés: Arlington National Cemetery) é un cemiterio militar estadounidense do Condado de Arlington, Virxinia. Cruzando o río Potomac dende Washington, D.C., nas 253 ha están enterrados os mortos en conflitos da nación dende a Guerra Civil Estadounidense, así como os mortos doutros conflitos anteriores que foron voltos a enterrar neste cemiterio.

O cemiterio creouse durante a Guerra Civil nas leiras de Arlington House, que fora a casa da familia da muller do xeneral confederado Robert E. Lee, Mary Anna (Custis) Lee (a tatara-tataraneta de Martha Washington). O cemiterio, xunto coa Arlington House, o Memorial Drive, o Hemicycle, e o Arlington Memorial Bridge, forman o Distrito Histórico do Cemiterio de Arlington, listado no Rexistro Nacional de Lugares Históricos en abril de 2014.[1][2]

  1. National Park Service (ed.). "Weekly list of actions take: 04//07/14 to 04/11/14". Consultado o 2014-04-22. 
  2. Smith, Adam; Tooker, Megan; Enscore, Susan, US Army Corps of Engineers, ERDC-CERL, Champaign, Illinois (2013-01-31). National Park Service, ed. "National Register of Historic Places Nomination Form: Arlington National Cemetery Historic District" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2014-09-04. Consultado o 2015-03-29. 

Previous Page Next Page