Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Catalizador

Un catalizador é unha substancia (composto ou elemento) capaz de acelerar (catalizador positivo) o retardar (catalizador negativo ou inhibidor) unha reacción química, permanecendo el mesmo inalterado (non se consome durante a reacción). A este proceso chámaselle catálise. Os catalizadores non alteran o balance enerxético final da reacción química, senón que só permiten que se acade o equilibrio con maior ou menor velocidade.

Moitos dos catalizadores actúan alterando superficies, permitindo atoparse e unirse ou separarse a dous ou máis reactivos químicos. No mundo natural hai catalizadores biolóxicos ou biocatalizadores, os máis importantes son os encimas, de natureza proteica, aínda que tamén existen ácidos ribonucleicos con capacidade catalítica, denominados ribozimas.

A catálise pode ser de dous tipos:

  • Homoxénea: o catalizador e o reactivo están nunha mesma fase, por exemplo, en solución acuosa. É o caso da catálise ácido-base e a catálise encimática.
  • Heteroxénea: o catalizador e o reactivo atópanse en distintas fases, como por exemplo, a catálise heteroxénea dunha reacción entre substancias gasosas absorbidas na superficie de metal. Os catalizadores sólidos poden ser porosos e están feitos de metal ou óxido metálico soportado sobre unha matriz sólida inerte. Este caso particular coñécese como catálise de contacto. Este tipo de catalizadores son amplamente utilizados nas refinerías de petróleo.

Previous Page Next Page






Katalizator AZ Каталізатар BE Katalizator BS Catalitzador Catalan Chŭi-huá CDO Katalyzátor Czech Katalysator (kemi) Danish Katalysator German Catalyst English Katalüsaator ET

Responsive image

Responsive image