Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Bolsa de valores

A Bolsa de Valores de Nova York ou New York Stock Exchange.
Bolsa de Madrid.

A bolsa de valores, ás veces simplemente bolsa, é un mercado onde se venden ou compran activos financeiros, como accións, obrigacións etc. Tamén se pode dicir que estas compravendas se realizan sobre a lei da oferta e a demanda.

A bolsa de valores é un estabelecemento privado onde os seus membros realizan negociacións de compravenda de accións de sociedades ou compañías anónimas, así como títulos ou bonos públicos e privados, certificados, títulos de participación e unha variedade de instrumentos de investimento. As bolsas de valores fomentan o aforro e o investimento a longo prazo, fortalecendo o mercado de capitais e impulsando o desenvolvemento económico e social dun país.

Os participantes nas operacións das bolsas, son especialmente os demandantes de capital (empresas, organismos), os oferentes de capital (aforradores, investidores) e os intermediarios. A negociación nas bolsas de valores efectúase a través de intermediarios que son membros da bolsa, coñecidos usualmente co nome de corretores, sociedades de corretaxe de valores, casas de bolsa, axentes de bolsa ou comisionistas, consonte ás denominacións que lles asignan as leis de cada país.


Previous Page Next Page