Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Autocracia

Autocracia (do grego αυτός autós 'un mesmo' e κράτος krátos 'goberno, poder') é un sistema de goberno autoritario, no que a vontade dunha soa persoa é a suprema lei. Refírese xeralmente á monarquía absoluta, pero especialmente ó réxime tsarista ruso, cuxo dirixente asumía o título de "Autócrata de Todas as Rusias".

Na actualidade o uso do cualificativo de "autocracia", polos políticos como sinónimo de monarquía caeu en desuso (pola aparición das monarquías constitucionais ou limitadas) e aumentou o uso como sinónimo de tiranía (dexeneración da monarquía segundo os filósofos da Grecia antiga) ou mesmo o de ditadura. O seu uso máis habitual é para establecer un parámetro de poder, por exemplo a oligarquía é o exercicio de poder por poucos, a autocracia diferénciase desta porque o poder é exercido por unha soa persoa, en vez de poucas.

Sen importar o grao ou precisión como se queira clasificar ou definir, a autocracia sempre é un sistema político diametralmente oposto á democracia. Esta é a oposición á democracia esta constituída pola servidume implícita na autocracia. Un exemplo de autocracia é o da Rusia tsarista, a súa constitución de 1905 e a continua dominación do tsar, que levou á fin do seu propio sistema.


Previous Page Next Page