Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Escrita latina | |
---|---|
Tipo | alfabeto |
Linguas | Maioría das linguas indoeuropeas |
Período de uso | dende ± 700 a. C. ata o tempo presente |
Situación | En uso |
Sistemas | |
Sistemas correlatos | Alfabeto armenio Alfabeto copto Alfabeto cirílico Alfabeto rúnico Alfabeto xeorxiano |
Código ISO 15924 | Latn, 215 |
Dirección da escrita | Esquerda a dereita |
Historia do alfabeto |
---|
Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
O alfabeto latino é o alfabeto que se emprega maioritariamente para escribir as linguas de Europa occidental así como nos países que foron colonizados polos europeos. É, en competencia co alfabeto cirílico e, en menor medida, o alfabeto grego, a escrita occidental por defecto e agora - en razón da importancia económica e cultural dos países que a utilizan (como os Estados Unidos) - unha escrita internacional: pódense atopar palabras escritas en letras latinas nas rúas do Xapón ou nas de Exipto.
Chámase así a este alfabeto porque era, en orixe, o empregado polos romanos para escribiren a súa lingua, o latín.