Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Aldehido

Os aldehidos son compostos orgánicos caracterizados por posuír o grupo funcional -CHO[1]. En xeral, denomínanse igual cós alcohois correspondentes, cambiando a terminación -ol por -al:

No grupo aldehido (H-C=O) o grupo carbonilo (C=O) está unido a un só radical orgánico. Nunca se encontra no interior de cadeas carbonadas (enlazado a dous carbonos), como pasa coas cetonas.

Os aldehidos son olorosos, polo que moitos deles son fragrancias, como a vanilina (aldehido fenólico da vainilla).

Principais aldehidos e compostos relacionados co grupo aldehido en vermello. (1) formaldehido e (2) o seu trímero 1,3,5-trioxano, (3) acetaldehido e (4) o seu enol alcohol vinílico, (5) glicosa (α-D-glicopiranosa, unha aldosa cun hemiacetal formado a partir dun grupo aldehido), (6) o saborizante cinnamaldehido, (7) o pigmento visual terpénico retinal, e (8) a vitamina piridoxal.

Poden obterse a partir da oxidación suave dos alcohois primarios. Isto pódese levar a cabo quentando o alcohol nunha disolución ácida de dicromato de potasio (tamén hai outros métodos nos que se emprega Cr en estado de oxidación +6). O dicromato redúcese a Cr3+ (de cor verde). Tamén por medio da oxidación de Swern, na que se emprega sulfóxido de dimetilo, (Me)2SO, dicloruro de oxalilo, (CO)2Cl2, e unha base. Esquematicamente o proceso de oxidación é o seguinte:

Etimoloxicamente, a palabra aldehido procede do latín científico alcohol dehydrogenatum (alcohol deshidroxenado)[2], e o termo foi acuñado por Justus von Liebig [3].

  1. IUPAC Gold Book aldehydes
  2. Entrada de aldehído no DRAE.
  3. Crosland Maurice P. (2004). Courier Dover Publications, ed. Historical Studies in the Language of Chemistry. [1]

Previous Page Next Page






Aldehied AF ألدهيد Arabic Aldehídu AST Aldehidlər AZ آلدهید AZB Aldehido BCL Альдэгіды BE Альдэгіды BE-X-OLD Алдехид Bulgarian অ্যালডিহাইড Bengali/Bangla

Responsive image

Responsive image