13 Reasons Why | |
---|---|
Xénero | |
Intérpretes | |
Narrado por | Katherine Langford |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 49 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Produtor(es) |
|
Editor(es) | Leo Trombetta |
Localización(s) | California |
Cámara | Cámara única |
Duración | 49–61 minutos |
Distribuidor | |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Formato de imaxe | 4K (Ultra HD)[1] |
Primeiro episodio | 31 de marzo de 2017 |
Derradeiro episodio | 5 de xuño de 2020 |
Na rede | |
https://www.netflix.com/title/80117470 | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
13 Reasons Why (estilizado coma TH1RTEEN R3ASONS WHY) é unha serie de televisión estadounidense de drama e misterio baseada na novela de 2007 Thirteen Reasons Why de Jay Asher e adaptada por Brian Yorkey para Netflix.[2] A serie trata o tema do acoso escolar, centrándose nun estudante de instituto, Clay Jensen, e a súa amiga Hannah Baker, unha rapaza que se suicidou tras vivir unha serie de situacións xunto a varios individuos da súa escola. En cada capítulo Clay escoita unhas cintas de casete gravadas por Hannah antes de suicidarse nas que detalla trece motivos polos que decidiu poñer fin á súa vida.
Diana Son e Brian Yorkey foron os coprodutores da serie, e a primeira tempada é de trece episodios.[3][4] A serie estivo producida por July Moon Productions, Kicked to the Curb Productions, Anonymous Content e Paramount Television. Concibida orixinalmente coma un filme para que fose publicado por Universal Pictures con Selena Gomez no papel protagonista, Netflix optou pola adaptación como serie de televisión a finais de 2015, e Gomez fixo finalmente de produtora executiva. A serie xunto co especial 13 Reasons Why: Beyond the Reasons publicáronse en todo o mundo en Netflix o 31 de marzo de 2017.
A serie recibiu críticas positivas e unha boa acollida de audiencia, louvando a súa temática e o seu elenco de actores, particularmente os dous protagonistas Dylan Minnette e Katherine Langford.[5] Algunhas representacións gráficas na serie foron obxectivo de controversia, particularmente os temas do suicidio e violación, ademais doutros contidos. En maio de 2017 anunciouse que a serie renovara por unha segunda temporada, programada para a súa estrea en 2018.[6]