R136 | |
---|---|
O novo e masivo grupo estelar chamado R136, que ten uns poucos millóns de anos de idade e que reside na Nebulosa da Tarántula (Nebulosa 30 Doradus), unha rexión de nacemento de estrelas dentro da Gran Nube de Magallanes, unha galaxia satélite da nosa Vía Láctea. Non se coñece na nosa galaxia ningunha rexión de formación de estrelas comparable con 30 Doradus. A imaxe foi tomada polo Hubble en ultravioleta, no espectro visible e na franxa vermella do espectro, e abarca uns 100 anos luz. Tomada polo Hubble Space Telescope. | |
Datos para a observación | |
Época= X2000,0 | |
Constelación | Dorado |
Ascensión recta | 05h 38m 42.396s |
Declinación | -69° 06′ 03.36″ |
Distancia | 157 k al (48,5 kpc) |
Magnitude aparente | 9,50 |
Notas | |
Outras designacións | [1] UCAC2 1803442, SAO 249329, HD 38268, TYC 9163-1014-1, CD-69 324, GC 7114 |
R136, formalmente coñecido coma RMC 136, é un gran cúmulo estelar[2] preto do centro do complexo de 30 Doradus (coñecido coma a Nebulosa da Tarántula), dentro da Gran Nube de Magallanes. É un cúmulo moi novo de estrelas xigantes e superxigantes, cunha idade de 1-2 millóns de anos.[2]. A maioría da súas estrelas son do tipo espectral O3,[2] con 39 estrelas deste tipo confirmadas.[2][3] E por engadidura tamén foi confirmada a existencia de varias estrelas Wolf-Rayet.[3][4]
O cúmulo R136 contén varias compoñentes.[1] A natureza da compoñente central, R136a, era inicialmente pouco clara. No pasado chegouse pensar que R136 era unha estrela hiperxigante de case 1500 masas solares, e 30 millóns de veces máis luminosa có noso Sol, cunha temperatura de 55-60.000 K e con 80,50 millóns de km de diámetro. A súa natureza real foi resolta grazas a interferometría e deuse cun denso cúmulo de estrelas[5] que contiña entre outras cousas, doce estrelas moi masivas e luminosas no seu núcleo.[6] Os cálculos iniciais dábanlles a estas estrelas unhas masas entre 37 a 76 masas solares.[6] Tres estrela extremadamente luminosas (R136a1, R136a2 e R136a3) dominan o cúmulo e están separadas entre si por só 0,10 a 0,48 arcsec. Unha destas estrelas, a R136a1, é unha das estrelas máis masivas atopadas até o día de hoxe, cunhas 265 masas solares,[7] e tamén é unha das estrelas máis luminosas, unhas 8.700.000 veces máis luminosa có noso Sol.[8] R136 produce a meirande parte da enerxía que fai que a Nebulosa da Tarántula sexa visible. A masa estimada do cúmulo é dunhas 450.000 masas solares, suxerindo que no futuro se poida converter nun cúmulo globular.[9]