PHP

PHP era orixinalmente o acrónimo de "Personal Home Pages" ("Páxina web persoal") e posteriormente o acrónimo recursivo de "PHP Hypertext Preprocesor" (Pre-procesador de Hipertexto PHP). PHP é unha linguaxe de programación de computadores interpretada, libre e moi utilizada para xerar contido dinámico na Web. A linguaxe apareceu no ano 1994, como un subconxunto de scripts en Perl creados por Rasmus Lerdof. Coas adicións de Zeev Suraski e Andi Gutmans, dous programadores israelitas pertencentes ao Technion, o instituto israelita de tecnoloxía, que reescribiron o parser, foi lanzada en 1997 como PHP 3, primeira versión estábel e parecida á linguaxe actual. En maio de 2000 fíxose pública a versión 4, e en xullo de 2004, a versión 5.


Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne