LAMP

LAMP é un acrónimo que se refire a un conxunto de subsistemas de software necesarios para acadar unha solución global, neste caso configurar sitios web o Servidores dinámicos cun esfuerzo reducido. Nas tecnoloxías LAMP esta configuración conséguese mediante a unión das seguintes tecnoloxías: Linux, o sistema operativo; Apache, o servidor web; MySQL / MariaDB, o xestor de bases de datos; Perl, PHP, ou Python, linguaxes de programación. A pesar de que na súa orixe estes programas de código aberto non foron especificamente deseñados para traballar entre si, a combinación popularizouse debido ao seu baixo custo de adquisición e a ubicuidade dos seus compoñentes (xa que veñen pre-instalados na maioría das distribucións linux). Cando son combinados, representan un conxunto de solucións que soportan servidores de aplicacións. Amplamente promocionado polo editor da editorial O'Reilly Dale Dougherty, a suxestión de David Axmark e Monty Widenus desenvolvedores de MySQL, a influencia da editorial O'Reilly no mundo do software libre fixo que o termo se popularizase rapidamente en todo o mundo.


Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne