Kronentaler

Anverso dun kronentaler de 1770 a nome de María Tareixa de Austria, coa cruz de Borgoña e catro coroas

O kronentaler (en galego: "tálero da coroa") foi unha moeda de prata cuñada por primeira vez en 1755 nos Países Baixos austríacos e que se converteu en moeda de comercio habitual na Europa Central da primeira metade do século XIX.[1][2][3]

A tipoloxía orixinal destes táleros caracterízase pola aparición de tres ou catro coroas nos seus reversos, das que tomou o nome.[1][2][4]

  1. 1,0 1,1 "Kronenthaler". En Frey, A. R. (1917). Páxina 126.
  2. 2,0 2,1 "Kronentaler". En Münzen Lexikon. Reppa.de
  3. "Kronenthaler". En Pierer's Universal-Lexikon. Vol. 9. Altenburg. 1860. Páxina 837.
  4. Clain-Stefanelli, E. (1978). Páxina 213.

Kronentaler

Dodaje.pl - Ogłoszenia lokalne