Our website is made possible by displaying online advertisements to our visitors.
Please consider supporting us by disabling your ad blocker.

Responsive image


Fosfatidiletanolamina

Estrutura química da fosfatidiletanolamina. Verde e azul: ácidos graxos; negro: glicerol, vermello: fosfato; violeta: etanolamina.

A fosfatidiletanolamina (PE), tamén chamada cefalina (non confundir co alcaloide cefaelina) é un fosfolípido do grupo dos fosfoglicéridos presente nas membranas celulares, un dos máis abundantes nos tecidos humanos. Está composta por un glicerol esterificado nos hidroxilos 1 e 2 por dous ácidos graxos, e no hidroxilo 3 por un grupo fosfato que, á súa vez, se esterifica co aminoalcohol etanolamina [1][2].

A fosfatidiletanolamina presenta xeralmente ácido palmítico, ácido esteárico ou ácido oleico en posición 1 e un ácido graxo poliinsaturado de cadea longa, como o ácido araquidónico, en posición 2. É, xunto coa fosfatidilcolina, un dos fosfolípidos máis frecuentes na bicapa lipídica das membranas celulares.[3]

  1. PubChem Compound Phosphatidylethanolamine
  2. ChemSpider L-1-Phosphatidylethanolamine
  3. Devlin, T. M. 2004. Bioquímica, 4ª edición. Reverté, Barcelona. ISBN 84-291-7208-4

Previous Page Next Page